De conformidade co disposto no artigo 10 das bases reguladoras, procédese á publicación da concesión dos Premios Smart Commerce de Galicia 2017 convocados pola Orde do 1 de xuño de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 15 de xuño), que figura no anexo a esta resolución.
Norma reguladora: Orde do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Smart Commerce de Galicia 2017 (código de procedemento IN214C).
Finalidade da subvención: Premios Smart Commerce de Galicia 2017.
Crédito orzamentario: 9.500,00 €.
Aplicación orzamentaria: 09.30.751A.480.0.
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2017
Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo
ANEXO
– Premio smart commerce galicia, cunha contía de 3.000 euros, na cal se incluirá o premio correspondente á provincia:
Mercedes Zaldívar Díaz-Ureña (Las Merceditas de Iria).
– Premio Smart-Commerce Provincial, cunha contía de 1.500 euros por provincia:
A Coruña: Mª Esther Gómez Suárez (Libraría Moito Conto).
Ourense: Pilar López López (Clothes&co).
Pontevedra: Mercedes Zaldívar Díaz-Ureña (Las Merceditas de Iria).
– Premio E-Commerce, cunha contía de 1.000 euros:
Filament2print, S.L.
– Premio Social-Commerce, cunha contía de 1.000 euros:
Elena Gómez Otero (Blue Popelina).