Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 9 de novembro de 2017, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no proceso de segundas adxudicacións da Coruña.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse a persoa interesada no proceso de segundas adxudicacións da Coruña, iniciado pola Resolución do 4 de xullo de 2017, que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña; rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, á sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 9 de novembro 2017

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

Ana Mª Zuloeta Pérez

... 138D

Trámite de audiencia