Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54384

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de providencia (860/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 860/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Daniel Luaces Val contra Cedelog, S.L., Norbert Dentressangle Gerposa, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a providencia que dispón:

«Por presentado o anterior escrito do 6.11.2017 polo procurador da parte demandada Norbert Dentressangle Gerposa, S.L., únase aos autos da súa razón. Visto o seu contido canto á documental solicitada no 1.1, cúmprase o acordado na providencia do 2.11.2017, e respecto a máis documental solicitada no 1.2, extráiase do punto neutro xudicial a vida laboral do demandante e únase aos autos para os efectos legais oportunos.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución cabe recurso de reposición no prazo de tres días coas formalidades legais.

Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cedelog, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza