Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se require a corrección de erros no expediente ADF360027216 de axudas para os titulares de explotacións leiteiras que estean en dificultades financeiras derivadas da súa actividade.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento de corrección de erros no expediente ADF360027216 de axudas para os titulares de explotacións leiteiras que estean en dificultades financeiras derivadas da súa actividade.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do dito requirimento e a constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas terán un prazo de 10 días a partir da data de notificación, segundo o artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, para que emenden a falta ou xunten os documentos preceptivos. De non producirse a corrección no prazo indicado, entenderase que desistiron da súa petición. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar a documentación se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: expediente número ADF360027216 de axudas para os titulares de explotacións leiteiras que estean en dificultades financeiras derivadas da súa actividade.

Persoa interesada: Ganadeza, S.L.

Acto de notificación: requirimento de corrección de erros.

Último enderezo coñecido: Pardesoa, 2, 36519 Lalín (Pontevedra).