Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54288

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Feiras e Exposicións de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación do servizo de montaxe de feiras para 2018.

Unha vez que o Comité Executivo, en reunión ordinaria, aprobou o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que rexerán esta licitación, faise público para os efectos da presentación de ofertas por parte dos licitadores interesados.

Entidade adxudicadora: Fundación Feiras e Exposicións de Ourense.

Orzamento base de licitación (IVE excluído): 179.800,00 euros.

Páxina web para a consulta de pregos: www.expourense.org

Prazo para presentar as ofertas: ata quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación: Rexistro da Fundación (Expourense. Finca Sevilla, s/n, 32005 Ourense).

Ourense, 23 de outubro de 2017

Juan Carlos Parada Rúa
Presidente do Comité Executivo da Fundación Feiras
e Exposicións de Ourense-Expourense