Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

ANUNCIO do 20 de novembro de 2017 polo que se procede a dar publicidade da convocatoria e das bases reguladoras do proceso de selección para a contratación, pola modalidade de relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, conforme o disposto no Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, de sete (7) prazas de actrices e actores, coa categoría de principais, para a produción do Centro Dramático Galego no ano 2018 dunha versión libre de Divinas Palabras de Ramón María del Valle-Inclán.

Co obxecto de levar a cabo a produción teatral prevista para o primeiro semestre do ano 2018 e en consecuencia proceder á selección dos actores e actrices que formarán parte do elenco, para a súa contratación mediante relación laboral de carácter especial, o Consello Reitor desta entidade aprobou as bases que rexerán este proceso selectivo.

Conforme o disposto na base oitava, para garantir a publicidade deste procedemento,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria para a selección de sete (7) prazas de actrices e actores, coa categoría de principais, para a produción do Centro Dramático Galego no ano 2018 dunha versión libre da obra Divinas Palabras de Ramón María del Valle-Inclán.

As bases que rexen este proceso, así como o resto da documentación relativa a esta convocatoria, poden consultarse na páxina web http://www.agadic.gal/, nas dependencias da Agadic e no taboleiro de anuncios do organismo.

A presentación de solicitudes e a documentación anexa deberá realizarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na páxina web da Agadic no enderezo de correo electrónico audicions.cdg@xunta.gal. Para a presentación poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, utilizando el formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria faranse conforme o disposto nas bases que se anuncian.

Contra esta convocatoria, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante a Presidencia da Agadic no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Os actos que deriven desta convocatoria poderán ser impugnados nos casos e forma establecidos pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2017

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais