Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 15 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0227/2017-PPM e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0227/2017-PPM e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 15 de novembro de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0227/2017-PPM

Jonathan Lafuente Torral

32726725W

Inicio

Travesía de Bazán, 24, ptl. 4, 1º, Ferrol

PSC-FE-0230/2017-PPM

Manuel Salazar Vargas

32698017K

Inicio

As Cancelas, 48 C, Serantes, Ferrol

PSC-FE-0231/2017-PPM

Carlos Giménez Jiménez

35469538L

Inicio

O Galiñeiro, 6, A Pedreira, Mugardos

PSC-FE-0233/2017-PPM

Eduardo José Arenas Rey

11417981E

Inicio

R/ O Cristo, 64, bl. 2, 1º D, Mugardos

PSC-FE-0250/2017-PPM

Rafael Allegue Prieto

32643584Y

Inicio

R/ Ingeniero Comerma, 1, Ferrol

PSC-FE-0260/2017-PPM

Juan Antonio Fernández Castro

32674615X

Inicio

O Morteirado, 5, Franza, Mugardos

PSC-FE-0262/2017-PPM

Marco Antonio de Gregorio Bretón

32678031E

Inicio

R/ Carlos III, 85, 3º, Ferrol

PSC-FE-0283/2017-PPM

Alberto Sequeiro Lamas

32718214R

Inicio

R/ Arcoras, 21, 2º, Ferrol