Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2017 pola que se dá publicidade da formalización dun contrato (expediente 01/2017 SXT).

Para os efectos do previsto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), esta consellería dálle publicidade á formalización do contrato de subministración de enerxía eléctrica aos centros de consumo da Rede de Enerxía da Xunta de Galicia (Redexga).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 01/2017 SXT.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=142601

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de enerxía eléctrica aos centros de consumo da Rede de Enerxía da Xunta de Galicia (Redexga).

c) Lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 09310000-5 (Electricidade).

e) Acordo marco: non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

g) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 4 de abril de 2017; BOE número 86, do 11 de abril de 2017, e DOG número 69, do 7 de abril de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con publicidade e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 154.986.380,66 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto 52.205.938,75 euros. Importe total 63.169.185,89 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 25 de agosto de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 10 de outubro de 2017.

c) Contratista: Gas Natural Comercializadora, S.A.

d) Importe de adxudicación: polos prezos unitarios do kWh (sen incluír tarifas de acceso, nin imposto eléctrico nin IVE) contidos na oferta económica final da empresa adxudicataria e que se reflicten na resolución de adxudicación e no contrato.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: é a entidade que presenta a mellor oferta económica.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016; DOG núm. 131, do 12 de xullo)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria