Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 7 de novembro de 2017 pola que se notifica o Acordo do 27 de xullo de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 117, sito en San Sadurniño, relativo ao proxecto 00088 (expediente 2017/000440).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a María Bouza Permuy o Acordo do 27 de xullo de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 117, sito en San Sadurniño, relativo ao proxecto 00088 (expediente 2017/000440), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1 de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2017

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 00088 -Cp-7601.1 Ampliación e mellora trazado da Cp 7601 do p.q. 0,000 ao p.q. 5,350 da Cruz de Lamestra a San Sadurniño. Clave 0624000501.0. Tm San Sadurniño.

Nº de expediente: 2017/000440.

Persoa que se vai a notificar: María Bouza Permuy.

Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.

Expropiada: María Bouza Permuy.

Beneficiario: Deputación Provincial da Coruña.

Predio nº: 117.

Concello: San Sadurniño.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do xurado: 37,80 €.