Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53970

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación dos servizos de mediación de seguros privados deste concello.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizos de Parque Móbil, Patrimonio e Recursos Humanos. Nº de expediente: 5984-241.

2. Obxecto do contrato: a prestación ao Concello de Vigo e aos seus organismos autónomos dos servizos de mediación, corredoría e asesoramento profesional para a xestión dos riscos en que poida incorrer esta Administración.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 2 anos. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 154.605,84 €.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Complementaria: non. c) Definitiva: 3.534,28 €.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono 986 81 01 48. Fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira: copia da póliza do seguro de riscos profesionais por un importe mínimo de 1.500.000 de euros por sinistro e de 2.000.000 € para todos os sinistros correspondentes a un determinado ano. b) Solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais contratos de seguros intermediados no sector público ou privado nos últimos tres anos que inclúa o importe das pólizas intervidas, datas e tomadores dos seguros, sendo o importe das pólizas intervidas igual ou superior a 10.000.000 euros. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, por falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 13 e 14 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 17 de novembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación