Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53877

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín

EDICTO (215/2015).

Eu, Damián Vega de las Heras, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín, certifico que neste xulgado se tramita divorcio contencioso número 215/2015 nos que se ditou a seguinte sentenza:

Sentenza número 20/2017.

En Verín o 5 de abril de 2017.

Vistos por Raquel Arias Martínez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Verín e o seu partido, estes autos de divorcio contencioso seguidos ante este xulgado baixo o número 215/2015 por instancia de Yesisa Adriana Santos Rodrigues, representada polo procurador dos tribunais Evaristo Francisco Manso e coa asistencia letrada de Antonio Taboada Oterino, contra Carlos Viñas Pérez.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decisión:

Estímase a demanda interposta polo procurador dos tribunais Evaristo Francisco Manso, en nome e representación de Yeysa Adriana Santos Rodrigues, contra Carlos Viñas Pérez, e na súa virtude debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio contraído entre Yeysa Adriana Santos Rodrigues e Carlos Viñas Pérez, en data do 26 de novembro de 2008, con todos os efectos legais que esta declaración leva.

Non se procede facer especial pronunciamiento sobre as custas.

Firme esta resolución, líbrese exhorto ao encargado do Rexistro Civil, no que consta a inscrición do matrimonio cuxa disolución se acorda.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que esta é firme, e non cabe interpoñer recurso algún fronte a ela.

Así, por esta a miña sentenza, da que se deducirá testemuño para a súa unión aos autos, definitivamente xulgando nesta primeira instancia, pronúncioo, mando e asino.

E para que conste e sirva de notificación a Carlos Viñas Pérez, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Verín, 6 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza