Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Barro e Meis (expediente IN407A 2017/565-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS nova saída subestación Barro enlace coa MUR811.

Situación: Barro e Meis.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 2.620 metros de lonxitude, con orixe na cela de saída da subestación de Barro e final no tramo de liña TIB8108267, no apoio A1GM0UBC//96-15, que está conectado á liña MUR811 mediante o telemando 36HHW8. A instalación está situada na zona de Curro, nos concellos de Barro e Meis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 31 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra