Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53874

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 14 de novembro de 2017 pola que se outorgan nomeamentos aos rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para varios rexistros vacantes.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 297 convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, do 20 de setembro de 2017 (BOE do 28 de setembro), e resolto pola Resolución do 26 de outubro de 2017, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 72/2013, do 25 de abril, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

• Isabel Julia González Dorrego, rexistradora da Coruña número 3 para o Rexistro de Lugo número 1.

• Hermes Rego Valcarce, rexistrador da Coruña número 2 para o Rexistro de Pontevedra número 1.

• Rocío Perteguer Prieto, rexistradora de Banyoles para o Rexistro de Arzúa.