Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 16 de outubro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados.

Mediante esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES69 0081 5363 2000 0108 2918 do Banco de Sabadell, nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste e sirva de notificación ao interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Monforte de Lemos, 16 de outubro de 2017

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

García Vega León

Fra. 201750570

28.9.2017

361,59

Cioranu --- Vasile

X09705397H

Fra. 201750578

28.9.2017

442,29

García García Isabel

033340803A

Fra. 201750590

28.9.2017

361,59