Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 396/2017, interposto por María de los Ángeles Casado Estévez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela polo cal solicita o expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo P.A. 396/2017, interposto por María de los Ángeles Casado Estévez, contra a resolución da Dirección Xeral da Función Pública que desestima o recurso de alzada formulado por María de los Ángeles Casado Estévez, contra a Resolución do 3 de marzo de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos relacionados co terceiro exercicio do proceso selectivo, contra a Resolución do 31 de marzo de 2017 pola que se lle dá publicidade, entre outros, ao procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase do concurso, e contra o Acordo do 29 de marzo de 2017 pola que se desestiman as alegacións formuladas contra a Resolución do 3 de marzo de 2017.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as personas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública