Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2017 Páx. 53835

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do estudo de detalle para a ordenación de volumes da parcela K1.1 en relación coa parcela segregada K1.11 do parque empresarial As Gándaras.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 26 de outubro de 2017, acordou aprobar definitivamente a modificación do estudo de detalle para a ordenación de volumes da parcela K1.1 en relación coa parcela segregada K1.11 do parque empresarial As Gándaras, solicitado por Inversión y Administración Inmobiliaria BP, S.L.

O contido íntegro do documento aprobado poderase consultar no seguinte enderezo electrónico:

– http://lugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Así mesmo, faise constar que, unha vez publicado este anuncio, se lle remitirá á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio unha copia dilixenciada, en soporte dixital, do documento aprobado definitivamente, para os efectos previstos nos artigos 82.4 e 88.3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 16 de novembro de 2017

A alcaldesa
P.D. (Decreto número 16008543)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal

Justo Díaz Rodríguez
Secretario xeral do Pleno accidental