Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2017 Páx. 53813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 2 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente tramitado por esta entidade (2010/79/27 e un máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución ditada polo xefe territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto nos artigos 172 e 176 bis do Código civil, despois dos intentos de notificación realizados sen que for posible practicar a notificación ou por descoñecer o domicilio destas.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra a resolución ditada no expediente, a cal é definitiva en vía administrativa, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O expediente está á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social; rolda da Muralla, nº 70, planta baixa, onde no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para efectos de teren coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non o facer, se terán por notificadas.

Nº dos expedientes: 2010/79/27 e 2011/29/27.

a) Interesados/as:

1º. Vanesa Díaz Ogando.

Enderezo actual: rúa Montirón, nº 34, 2º, 27002 Lugo.

2º. Juan Carlos Suárez Barrul.

Enderezo actual: rúa Isaac Díaz Pardo, nº 20, 3º, 27003 Lugo.

b) Asunto: Resolución do 27 de marzo de 2017.

c) Efectos: mantemento da medida administrativa.

Lugo, 2 de novembro de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo