Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2017 Páx. 53774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 14 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2017/203-1 e dez máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 14 de novembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RL 2017/203-1.

Acta inf. nº: I152017000021981.

Empresa: Hipólito Neira Dourado.

NIF: 32442187C.

Concello: A Coruña.

Materia: prevención de riscos.

Data da resolución: 15.9.2017.

Expediente: RL 2017/219-1.

Acta inf. nº: I152017000041179.

Empresa: Portanova Park, S.A.

NIF: A15504632.

Concello: Ferrol (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 20.9.2017.

Expediente: RL 2017/220-1.

Acta inf. nº: I152017000040977.

Empresa: Portanova Park, S.A.

NIF: A15504632.

Concello: Ferrol (A Coruña).

Materia: prevención de riscos.

Data da resolución: 20.9.2017.

Expediente: RL 2017/228-1.

Acta inf. nº: I152017000036836.

Empresa: Marta García Montero.

NIF: 32817155L.

Concello: A Coruña.

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 20.9.2017.

Expediente: RL 2017/258-1.

Acta inf. nº: I152017000045223.

Empresa: Blanco y Suárez 2015, S.L.

NIF: B70441910.

Concello: A Coruña.

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 29.9.2017.

Expediente: RL 2017/271-1.

Acta inf. nº: I152017000042189.

Empresa: Exclusivas Bermúdez, S.L.

NIF: B94086337.

Concello: Pontevedra.

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 22.9.2017.

Expediente: RL 2017/272-1.

Acta inf. nº: I152017000038755.

Empresa: Jesús Boquete Bello.

NIF: 32820291G.

Concello: Culleredo (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data resolución: 25.9.2017.

Expediente: RL 2017/297-1.

Acta Inf. nº: I152017000043304.

Empresa: Morangueiros, S.L.

NIF: B70320445.

Concello: Curtis (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 25.9.2017.

Expediente: RL 2017/306-1.

Acta inf. nº: I152017000044617.

Empresa: Claudio Culleredo, S.L.U.

NIF: B70463724.

Concello: Culleredo (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 26.9.2017.

Expediente: RL 2017/352-1.

Acta inf. nº: I152017000019759.

Empresa: Mariscos Benavides, S.L.

NIF: B36234243.

Concello: O Grove (Pontevedra).

Materia: prevención de riscos.

Data da resolución: 3.10.2017.

Expediente: RL 2017/354-1.

Acta inf. nº: I152017000060579

Empresa: Micar Estrada de Construcciones, S.L.

NIF: B94060969.

Concello: A Estrada (Pontevedra).

Materia: prevención de riscos.

Data da resolución: 4.10.2017.