Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2017 Páx. 53765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 10 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública varias solicitudes de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de exemplares e formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 461/RX1812301.

Data: 13.7.2017.

Solicitante: Concello de Lousame.

Especie: Quercus suber L.

Localidade: Monte de San Mamede.

Concello: Lousame.

Provincia: A Coruña.

Rexistro de entrada: 2017/71179.

Data: 11.1.2017.

Solicitante: Jesús María Giraldo García.

Especie: Pinus pinea L.

Localidade: Pazo do Cabido.

Concello: Vilanova de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2017/71349.

Data: 11.1.2017.

Solicitante: Jesús María Giraldo García.

Especie: Camellia japonica L.

Localidade: Pazo do Cabido.

Concello: Vilanova de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2017/71546.

Data: 11.1.2017.

Solicitante: Jesús María Giraldo García.

Especie: Camellia japonica L.

Localidade: Pazo do Cabido.

Concello: Vilanova de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2017/71206.

Data: 11.1.2017.

Solicitante: Jesús María Giraldo García.

Especie: Camellia japonica L.

Localidade: Pazo do Cabido.

Concello: Vilanova de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2017/71223.

Data: 11.1.2017.

Solicitante: Jesús María Giraldo García.

Especie: Morus alba L.

Localidade: Pazo do Cabido.

Concello: Vilanova de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2017/334968.

Data: 10.2.2017.

Solicitante: Concello da Laracha.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: A Laracha.

Concello: A Laracha.

Provincia: A Coruña.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto con elas, someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto con elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmot@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, 43-4º, 36071 Pontevedra.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://cmaot.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal).

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural