Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 3 de novembro de 2017 pola que se notifica o acordo de inicio de expediente de reintegro do proxecto IN525A-2013/051, cuxa notificación por oficio foi devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), despois de intentar sen éxito a notificación do acordo de inicio de expediente de reintegro do proxecto IN525A-2013/051 no último domicilio social coñecido da entidade Eternity Panel, S.L., notifícaselle por medio desta cédula no Boletín Oficial del Estado á interesada o contido do dito acto como figura no anexo para que poida ter coñecemento del.

Segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na tramitación do procedemento de reintegro garantirase, en todo caso, o dereito da interesada á audiencia, polo que, consonte o disposto no artigo 82.2 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, se lle concede a beneficiaria da subvención un prazo de quince (15) días para alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulgue pertinentes. Se, antes do vencemento do prazo, a interesada manifesta a súa decisión de non efectuar alegacións nin achegar novos documentos ou xustificacións, terase por realizado o trámite.

A interesada, durante este prazo, poderase presentar nas dependencias da Axencia Galega de Innovación, sita na praza de Europa, 10, 3º A, 15707 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2017

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Proxecto: IN525A-2013/051.

Nome ou razón social: Eternity Panel, S.L.

CIF/NIF: B70079629.

Axuda: Resolución do 10 de outubro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN525A).

Contido do acto administrativo: acordo de inicio de expediente de reintegro de subvención.