Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, non suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, da obra coa clave AC/16/243.06 e tres máis.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 981 54 49 86.

5º. Telefax: 981 54 47 91.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/ (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características). Tamén se poderán obter o prego de cláusulas administrativas, cadro de características, proxecto e soporte dixital na copistaría CopyNino; rúa dos Feáns, nº 19 e Rosalía de Castro, nº 58, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono: 981 58 89 38.

2. Obxecto de cada contrato:

a) Descrición do obxecto: MSV e eliminación de barreiras nas estradas AG-58, AG-59, CG-1.5, AC-537 e AC-554.

Clave do expediente: AC/16/243.06 (E/048/2017).

Orzamento base de licitación: 422.324,47 € (IVE excluído). IVE: 88.688,14 €. Importe total: 511.012,61 €.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: segundo o disposto na epígrafe I.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=220188 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características).

División por lotes e número: non hai.

b) Descrición do obxecto: reforzo de firme localizado nas estradas AC-544 e AC-453.

Clave do expediente: AC/16/239.02 (E/051/2017).

Orzamento base de licitación: 618.737,99 € (IVE excluído). IVE: 129.934,98 €. Importe total: 748.672,97 €.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: segundo o disposto na epígrafe I.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=220189 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características).

División por lotes e número: non hai.

c) Descrición do obxecto: substitución da obra de drenaxe transversal na estrada LU-160, p.q. 6+000.

Clave do expediente: LU/16/236.02 (E/052/2017).

Orzamento base de licitación: 143.888,39 € (IVE excluído). IVE: 30.216,56 €. Importe total: 174.104,95 €.

Prazo de execución: dez (10) semanas.

Clasificación: segundo o disposto na epígrafe I.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=220190 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características).

División por lotes e número: non hai.

d) Descrición do obxecto: reforzo de firme localizado nas estradas OU-602, OU-603, OU-622, OU-636 e OU-637, entre outras.

Clave do expediente: OU/16/188.02 (E/054/2017).

Orzamento base de licitación: 623.014,78 € (IVE excluído). IVE: 130.833,10 €. Importe total: 753.847,88 €.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación: segundo o disposto na epígrafe I.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=220191 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características).

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (sen IVE). Véxase a epígrafe H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: a exixida no número 2 anterior.

b) A capacidade técnica segundo o especificado na epígrafe I.2 A) do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

d) Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o vixésimo sexto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, e segundo se especifica no número 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Apertura do sobre B e do sobre C: terá lugar na data e na hora que serán anunciadas no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/, con dous (2) días hábiles de antelación ao da realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Se por algún motivo houber que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C, reflectirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/.

8. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no número 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo no DOG por liña é de 10,82 euros.

10. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas