Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53415

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 1 de setembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data, pola que se convoca para vinculación temporal, por concurso de méritos, a cobertura de diversas prazas da categoría de facultativo especialista de área.

A Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, en cumprimiento do establecido no Plan de estabilidade de emprego e provisión de prazas do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (2017-2018), publicado no DOG nº 85, do 4 de maio, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, ao abeiro dos principios recollidos na norma I.2 do pacto de selección temporal do persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade (DOG nº 89, do 9 de maio de 2011), en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, de 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio da convocatoria para cubrir, mediante vinculación temporal, as prazas da categoría de facultativo especialista de área que se relacionan no anexo da resolución da convocatoria.

Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, presentaranse dirixidas á Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, no Rexistro Xeral da dita xerencia, sito no Hospital Arquitecto Marcide, avenida da Residencia, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña), ou a través de calquera dos rexistros previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios da Dirección de Recursos Humanos da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, no punto de atención ao/á traballador/a (PAT) da Dirección de Recursos Humanos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ferrol, 1 de setembro de 2017

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Especialidade

Prazas

Nomeamento

Anatomía Patolóxica

1

Interino praza vacante

Análises Clínicas

1

Substituto reserva praza

Anestesia e Reanimación

1

Interino praza vacante

Anxioloxía e Cirurxía Vascular

1

Interino praza vacante

Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo

1

Substituto reserva praza

Farmacia Hospitalaria

1

Substituto reserva praza

Hematoloxía e Hemoterapia

1

Interino praza vacante

Microbioloxía e Parasitoloxía

1

Interino praza vacante

Microbioloxía e Parasitoloxía

1

Substituto reserva praza

Neurofisioloxía Clínica

1

Substituto reserva praza

Obstetricia e Xinecoloxía

1

Interino praza vacante

Oftalmoloxía

1

Interino praza vacante

Oncoloxía Médica

1

Substituto reserva praza

Radiodiagnóstico

1

Interino praza vacante

Radiodiagnóstico

1

Substituto reserva praza