Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 20 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Muxía (expediente IN407A 2017/132-1).

Expediente: IN407A 2017/132-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT estrada DP-5201 Muxía a Touriñán.

Concello: Muxía.

Características técnicas:

LMTA a 20 kV, de 217 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 103/14-1 proxectado tipo C-14/3000, que se intercalará na LMTA POT-806 (expediente 33.924) no tramo entre a derivada ao CT Oruxo (15×A13) e o CT Lourido (expediente 33.924), e final no apoio nº 103/16 proxectado (substitúe o anterior) do tipo C-18/3000 situado entre a derivada ao CT Oruxo e o CT Lourido.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 20 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña