Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 30 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración mineromedicinal e termal das augas que abrollan no lugar de Santa María, concello de Castrelo de Miño.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense dá a coñecer que o Concello de Castrelo de Miño (con domicilio na avenida Alejandro Ferrer, nº 18, 32232 Barral, Castrelo de Miño, Ourense) solicitou a declaración mineromedicinal e termal das augas que abrollan nun predio situado no lugar de Santa María, con coordenadas UTM, ETRS 89, X=572971 Y=4682501, propiedade da mercantil Gas Natural SDG (con domicilio na praza del Gas, nº 1, 08003 Barcelona).

O que se fai público segundo o disposto no artigo 4 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ourense, 30 de outubro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense