Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 8 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de documentación no expediente PR905A 2017/403 e un máis.

Intentada a notificación dos requirimentos por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes, este foi devolto polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselle os requirimentos de documentación ás persoas interesadas.

As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, nº 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, tamén se comunica ás persoas interesadas que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas se non se presenta a documentación que se lles require, no prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE se terán por desistidas da súa solicitude, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR905A 2017/403.

Interesada: Ana Barrientos Pedrares.

Acto notificado: requirimento de documentación relativa á solicitude de axuda presentada ao abeiro da Resolución do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Expediente: PR905A 2017/404.

Interesada: Sonia Barrientos Pedrares.

Acto notificado: requirimento de documentación relativa á solicitude de axuda presentada ao abeiro da Resolución do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.