Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2017, do Servizo Provincial de Ourense, pola que se sinala a data para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras da vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, treito A-52-N-525, de clave OU/08/053.01.1, nos concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo acordou efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións correspondentes ao expediente de expropiación forzosa instruído para o proxecto de trazado e o estudo de impacto ambiental da actuación da vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, treito A-52-N-525, de clave OU/08/053.01.1, nos concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela, que se efectuará proximamente mediante transferencia bancaria.

No caso de non ter presentado o certificado da titularidade da conta bancaria (IBAN) e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos, conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 e 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, convócase o acto de formalización das actas de ocupación, que terá lugar:

Termo municipal de Taboadela.

Lugar: Casa do Concello de Taboadela.

Data: 27 de novembro de 2017, das 10.00 ás 12.00 horas.

Termo municipal de San Cibrao das Viñas.

Lugar: local social de San Cibrao das Viñas.

Data: 28 de novembro de 2017, das 10.00 ás 13.00 horas, desde o A ata Fernández Prieto, Antonio.

Data: 29 de novembro de 2017, das 10.00 ás 13.00 horas, desde Fernández Santas, Elisa ata Marcos González, Mª Victoria.

Data: 30 de novembro de 2017, das 10.00 ás 13.00 horas, desde Martínez Pérez, Pura ata o Z.

Ao dito acto poderán acudir os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado; non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral ou particular para este caso. Deberase achegar a documentación necesaria para acreditar a titularidade do predio ou dereito e tamén a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros e deberán identificarse co documento nacional de identidade ou, na súa falta, polo coñecemento directo que testifiquen o alcalde ou secretario do concello.

No mesmo acto ofertaránselles ás persoas interesadas as valoracións establecidas pola Administración para cada unha dos predios en concepto de mutuo acordo.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos cales se ignore o seu domicilio, ou ben a aqueles, que, intentada a súa notificación, non se puidese practicar.

Ourense, 3 de novembro de 2017

Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense