Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se abre un novo prazo de presentación de ofertas para a licitación da contratación da obra de implantación de resonancia magnética no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (expediente AB-SER3-17-049).

No DOG núm. 196, do 16 de outubro de 2017, publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncia a licitación da contratación da obra de implantación de resonancia magnética no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (expediente AB-SER3-17-049).

No número 16 da resolución establecíase que as proposicións se deberán presentar en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o décimo quinto (15º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

No artigo 159 do RDL 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, establécese que o prazo para a presentación de proposicións nos contratos de obras das administracións públicas que non estean suxeitos a regulación harmonizada será, como mínimo, de vinte e seis días.

Unha vez vencido o prazo de presentación de ofertas, procede abrir un novo prazo completo de vinte e seis (26) días. O obxecto do contrato e toda a documentación do prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas permanece inalterado. O acceso aos pregos e ao proxecto poderanse obter no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberanse presentar en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos