Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2017 pola que se anuncia a licitación do contrato de servizo, por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, do servizo consistente na vixilancia e seguridade das dependencias deste instituto en Santiago de Compostela e Pontevedra (expediente IGVS03-17).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade das dependencias do IGVS en Santiago de Compostela e Pontevedra.

b) Prazo de execución: dous (2) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: douscentos mil catrocentos noventa e sete euros con setenta e seis céntimos (200.497,76 €).

b) IVE (21 %): corenta e dous mil cento catro euros con cincuenta e tres euros (42.104,53 €).

c) Importe total: douscentos corenta e dous mil seiscentos dous euros con vinte e nove céntimos (242.602,29 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

Non se exixe clasificación. A proba da solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional efectuarase polos medios precisados no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

Non obstante o anterior, de posuír o licitador a clasificación adecuada ao obxecto do contrato (grupo M, subgrupo 2, categoría 3), a xustificación documental de tal cuestión eximirá da presentación dos documentos exixidos no prego.

7. Obtención de documentación.

O PCAP e o prego de prescricións técnicas polos cales se rexe a contratación poderanse obter durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede dos servizos centrais do IGVS (polígono das Fontiñas. Área Central, s/n. Santiago de Compostela), e consultar na páxina da internet http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=217385. Tamén no perfil do contratante http://igvs.xunta.gal/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do día 11 de decembro de 2017.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (proposicións técnicas) e do sobre C (proposicións económicas) terá lugar nos servizos centrais do IGVS na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío deste anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2017

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo