Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 27 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017268TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

Ao non se poder levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2017268TA-CO incoado Vahesis, S.L. e de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 27 de outubro de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, de estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, modificado por Decreto 33/2014)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2017268TA-CO.

Interesada: Vahesis, S.L. (Club Kotton).

DNI/NIF/CIF: B24541328.

Último enderezo coñecido: Lg. A Cabra, nº 9, Cumbraos, 15685 Mesía.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.