Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de novembro 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos de operación e mantemento de dous helicópteros para a prestación do servizo de salvamento marítimo de Galicia (expediente 10/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizos de operación e mantemento de dous helicópteros para a prestación do servizo de salvamento marítimo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=183326.

d) Diario oficial e data de publicación dos anuncios de licitación: DOUE: 21.7.2017; BOE: 29.7.2017 e DOG: 10.8.2017.

e) División por lotes e número: non leva.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe do contrato: 32.914.000,00 € (exento de IVE).

Valor estimado: 50.916.000,00 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 3 de outubro de 2017.

b) Adxudicataria: Babcok Mission Critical Services España, SAU, con NIF: A03125010.

c) Importe de adxudicación: 32.914.000,00 €, exento de IVE.

d) Data de formalización do contrato: 31 de outubro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única empresa admitida á licitación e cumpre con todos os requisitos establecidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen o contrato.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2017

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar