Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 25 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a citación no procedemento BS210A (expediente VI-0000057858 e catro máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou ao seu representante, o acto administrativo citado no anexo.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou o seu representante debidamente acreditado, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do órgano de valoración da Dependencia de Vigo, sitas na rúa Numancia, nº 3 , 36206 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non presentarse á cita para o recoñecemento que se notifica, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito á prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable ao interesado e acordarase o arquivamento das actuacións, logo da resolución que será notificada ao interesado.

Vigo, 25 de outubro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Apelidos e nome (DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

VI-0000057858

Bautista Gómez, María (35517247A)

Citación BS210A

28.7.2017

VI-0000058256

Pérez Vázquez, Elvira (22558134X)

Citación BS210A

14.9.2017

VI-0000058317

Losada Villa, Manuel (31117178H)

Citación BS210A

10.7.2017

VI-0000058763

López Díaz, Victoria (00100731Z)

Citación BS210A

7.9.2017

VI-0000058796

González Costa, Enma (53861576S)

Citación BS210A

14.9.2017