Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, da instalación eléctrica LMT de 20 kV, subestación eléctrica Barreiros, nos concellos de Lourenzá e Barreiros (expediente 006/2016 AT).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na rúa Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo, aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 12 de agosto de 2016, a citada empresa solicita a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica LMT 20 kV, subestación eléctrica Barreiros, nos concellos de Lourenzá e Barreiros, presenta o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e xunta a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE número 310, do 27 de decembro) e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.

Segundo. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante Resolución desta xefatura territorial do 22 de agosto de 2017. Esta resolución foi publicada no diario El Progreso do 26 de agosto de 2017, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 5 de setembro de 2017 e no Diario Oficial de Galicia do 30 de agosto de 2017, no taboleiro de anuncios da citada xefatura territorial e no taboleiro de anuncios do Concello de Barreiros. Con esta resolución inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Así mesmo, practicouse notificación individual aos interesados incluídos na referida relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Enviáronselles separatas relativas ao proxecto aos diferentes organismos afectados e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Cuarto. Durante o trámite de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

Con data do 12 de setembro 2017, José Díaz Gil, titular proposto para os predios nº 1, 1A, 5, 15 e 28 do parcelario do proxecto, tras alegar o que considera pertinente ao seu dereito solicita a implantación in situ do trazado sobre todos os seus predios, que se teñan en conta as variacións das afeccións que o novo proxecto supón para os predios 1 e 1A, así como a expropiación total dos predios 5, 15 e 28, e o incremento da valoración económica de todos os predios anteriores.

As alegacións formuladas polo interesado foron achegadas á empresa promotora da liña eléctrica, que contestou a todas elas en tempo e forma.

Quinto. Persoal dos servizos técnicos desta xefatura territorial emitiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, os referidos servizos técnicos informan de que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 58 da Lei 24/2013, sobre os predios incluídos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre os que a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.

A estes feitos son de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A esta xefatura territorial correspóndelle resolver sobre a presente solicitude, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG número 194, do 9 de outubro), e 175/2015, do 3 de decembro (DOG número 232, do 4 de decembro), polos que se crea e se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da citada Lei 24/2013, e os regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Á vista das alegacións presentadas, da contestación que formula a empresa promotora, dos informes técnicos e do resto da documentación que figura no expediente, considérase que aquelas non impiden continuar coa súa tramitación basicamente porque nesta resolución non procede valorar nin decidir cuestións relativas á implantación do proxecto sobre os predios afectados nin á expropiación total dos predios. Será no trámite de levantamento das actas previas á ocupación cando se comproben, coas oportunas medicións e sobre o terreo, as dimensións reais dos predios e o alcance das afeccións (artigo 16 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957; BOE número 160, do 20 de xuño) e, por outro lado, as solicitudes de expropiación total formuladas polo afectado substanciaranse de acordo coa tramitación prevista no artigo 23 da citada Lei de expropiación forzosa e o 22 do seu regulamento, e sobre elas ditarase, no seu momento, a resolución que corresponda, a cal será susceptible de impugnación independente. Así mesmo, non corresponde nesta fase do procedemento nin a este órgano administrativo entrar na valoración do menosprezo derivado das ocupacións e imposicións de servidumes de paso da liña eléctrica considerada, o cal é competencia do Xurado de Expropiación de Galicia, ao cal se lle remitirá o expediente logo da elaboración das referidas actas previas á ocupación.

Cuarto. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, causando a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar a empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. para o establecemento da instalación eléctrica denominada LMT 20 kV, subestación eléctrica Barreiros, nos concellos de Lourenzá e Barreiros, coas seguintes características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 1.100 m, con orixe no apoio 7 b proxectado entre os apoios 7 e 8 da LMT existente ao CT Pumar de Don, en condutor tipo LA-56 sobre 8 apoios metálicos e final no apoio 7 proxectado.

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV cunha lonxitude de 124 m, con orixe no apoio 7 proxectado, en condutor tipo RHZ1 e final na subestación de Barreiros.

Segundo. Aprobar o proxecto de execución da instalación eléctrica LMT 20 kV, subestación eléctrica Barreiros, asinado polo enxeñeiro industrial Enrique Fernández Olea, colexiado número 574, e visado polo ICOIIG o 26 de xullo de 2016 co número 20161944.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto do presente expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que o representante da Administración dea comezo, na data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos publicada no diario El Progreso do 26 de agosto de 2017, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 5 de setembro de 2017 e no Diario Oficial de Galicia do 30 de agosto de 2017, expostas no taboleiro de anuncios desta xefatura territorial e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Lourenzá e Barreiros. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas se poderán formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito perante a Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto LMT 20 kV, subestación eléctrica Barreiros, presentado pola empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.

Terceira. Deberase cumprir canto establece a lexislación técnica de liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, de acordo co Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, así como, de ser o caso, a lexislación aplicable ás instalacións de baixa tensión e as súas instrucións técnicas complementarias de acordo co Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, ademais do resto de normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa desta xefatura territorial.

Quinta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Sexta. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Sétima. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 7 de novembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo