Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 20 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de prolongación da rede xeral de abastecemento de Outeiro de Rei, no concello de Outeiro de Rei, promovido por Augas de Galicia (clave 2014/0145).

De conformidade co artigo 47, número 3, da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 19 de outubro de 2017, do proxecto de prolongación da rede xeral de abastecemento de Outeiro de Rei, no concello de Outeiro de Rei (Lugo), promovido por Augas de Galicia.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n planta baixa).

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático