Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a licitación para a subministración sucesiva de componentes informáticos, documentalmente simplificada (expediente MS-EIV1-17-028).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Teléfono: 986 21 92 33.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de compoñentes informáticos para os centros dependentes da EOXI de Vigo.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de entrega: centros da EOXI de Vigo.

e) Prazo de execución: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 30200000-1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas .

4. Valor estimado do contrato: 108.000 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto. 45.000 €; IVE: 9.450 €. Importe total: 54.450 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver o prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación da solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade da entidade adxudicadora, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

b) Admisión de variantes: non.

c) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas Hospital Nicolás Peña, avenida das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario: ver a cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas.

Vigo, 23 de outubro de 2017

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo