No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación da resolución de caducidade dun expediente de reintegro, no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Vigo; rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolle que, de non facelo así se considerará notificada cos efectos que correspondan.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Pontevedra, 27 de outubro de 2017
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente de reintegro: REINT 2016/065-5.
Nome: Vicenlle Parejo-Bravo, Silvia.
NIF: 76929432K.
Último enderezo coñecido: rúa Joaquín Costa nº 35, 6º, 36001 Pontevedra.
Tipo de axuda: axudas á promoción do emprego autónomo.
Norma reguladora: Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.
Precepto infrinxido: artigo 17.1.a) da devandita Orde do 11 de marzo de 2011.
Contido da resolución: caducidade do procedemento de reintegro.
Data da resolución: 18.10.2017.