Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de humanización do espazo público urbano en Feira do Monte e Muimenta, en Cospeito.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 6/2017 U.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=146532

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: humanización do espazo público urbano en Feira do Monte e Muimenta, en Cospeito (Lugo).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 123.966,94 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 123.966,94 €. Importe total: 150.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 11 de agosto de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 23 de agosto de 2017.

c) Adxudicatario: Ovisa, Pavimentos y Obras, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 101.600,00 €. Importe total con IVE: 122.936,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de
Medio Ambiente e Ordenación do Territorio