En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Data de publicación no perfil do contratante: 3 de xaneiro de 2017.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizo integral para a elaboración e execución de campañas de turismo e gastronomía no ámbito galego e nacional.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria e suxeita a regulación harmonizada.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.
Establecemento dun acordo marco: acordo marco con tres empresarios.
4. Orzamento base de licitación.
Importe máximo sen IVE: 5.136.363,64 €.
IVE (21 %): 1.078.636,36 €.
Importe máximo total, IVE incluído: 6.215.000 €.
5. Formalización do acordo marco.
a) Data de adxudicación: 28 de abril de 2017.
b) Data de formalización do acordo marco: 2 de xuño de 2017.
c) Adxudicatarias acordo marco: Proximia Havas, S.L.; Ingenio Media, S.L. e a UTE Imaxe Intermedia, S.L./Gesmedia Consulting, S.A.
d) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
e) Adxudicación e formalización dos contratos:
1º. Contrato da campaña de verán:
Adxudicatarias: UTE Imaxe Intermedia, S.L./Gesmedia Consulting, S.A. NIF U70522248.
Data de adxudicación: 29 de xuño de 2017.
Importe máximo de adxudicación: 2.268.595,04 €.
Data de formalización: 3 de xullo de 2017.
2º. Contrato de promoción turística de Galicia como destino gastronómico:
Adxudicataria: Ingenio Media, S.L., NIF B70212634.
Data de adxudicación: 20 de xullo de 2017.
Importe máximo de adxudicación: 929.752,07 €.
Data de formalización: 21 de xullo de 2017.
3º. Contrato da campaña de outono:
Adxudicataria: Proximia Havas, S.L., NIF B63968267.
Data de adxudicación: 5 de outubro de 2017.
Importe máximo de adxudicación: 929.752,07 €.
Data de formalización: 6 de outubro de 2017.
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia