Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52586

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de formalización do contrato de acondicionamento de parte da planta baixa da praza de abastos.

Entidade adxudicadora: Concello de Vilalba. Data de adxudicación: 19.9.2017. Contratista adxudicatario: J. Sanjurjo Construcciones, S.L. Formalización do contrato: 19.9.2017.

Obxecto do contrato: acondicionamento de parte da planta baixa da praza de abastos de Vilalba para adaptala a centro sociocomunitario.

Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: negociado sen publicidade.

Orzamento de licitación e adxudicación: a) Licitación: 71.400,00 €. Adxudicación: 71.400,00 € sen inclusión do IVE.

O que se fai público para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 145.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Vilalba, 23 de outubro de 2017

Agustín Baamonde Díaz
Alcalde