Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52582

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portomarín

ANUNCIO de licitación do proxecto de reordenación do parque de Agustín del Río e a súa contorna.

Aprobado o expediente de contratación, así como o proxecto de execución e o prego de cláusulas administrativas para a contratación, mediante procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, da obra denominada reordenación do parque de Agustín do Río e a súa contorna, actuación galardoada co primeiro premio Galicia Parabéns 2017-2018, concedido pola Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, financiado cun importe de 100.000,00 euros para o ano 2017 e 300.000,00 euros para o ano 2018, conforme o seguinte cadro de características:

1. Entidade adxudicataria: Concello de Portomarín.

2. Obxecto do contrato: proxecto de reordenación do parque de Agustín do Río e a súa contorna.

3. Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación e tramitación urxente.

4. Orzamento: 319.703,02 € máis 67.137,63 € de IVE en total 386.840,65 €.

5. Valor estimado do contrato: 319.703,02 €.

6. Clasificación: grupo C, subgrupo 2 e categoría c; grupo K, subgrupo 6 e categoría c.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación do contrato, IVE excluído.

9. Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación á conta do contratista: 1.000,00 euros.

10. Prazo de execución: cinco (5) meses.

11. Información: o prego de cláusulas de este contrato estará á disposición dos interesados no Concello de Portomarín con domicilio en praza Condes de Fenosa, s/n, Portomarín (Lugo) ou consultando o perfil do contratante (www.concellodeportomarin.es).

12. Presentación de proposicións: no Rexistro do Concello de Portomarín, durante o prazo de 13 días naturais, contado desde o seguinte ao da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Máis información no Concello de Portomarin, praza Condes de Fenosa, s/n, Portomarín. Teléfono: 982 54 50 70. Fax: 982 54 51 04.

Portomarín, 9 de novembro de 2017

Juan Carlos Serrano López
Alcalde