Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52588

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de varios procesos selectivos por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia número 214, do 8 de novembro de 2017, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2016:

– Cinco prazas de administrativa ou administrativo de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa e integradas no grupo C1, por quenda de promoción interna.

– Dúas prazas de auxiliar de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala auxiliar e integradas no grupo C2, por quenda de promoción interna.

– Dúas prazas de educadora ou educador, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integradas no grupo A2, por quenda de promoción interna.

– Unha praza de oficiala ou oficial de cafetaría, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C2, por quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 8 de novembro de 2017

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2016007829, do 25.4.2016)
Carlos López Font
Deputado delegado da Deputación Provincial de Pontevedra