Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente MON-CO-0130/2014-V.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), logo de intentar a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE.

A Coruña, 31 de outubro de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0130/2014-V.

Denunciada: Penacoforestal Eucalyptus, S.L.

Acto de notificación: imposición da sétima multa coercitiva.