Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52468

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ORDE do 26 de outubro de 2017 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 9 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos de taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi) e se convocan para o exercicio 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia número 100, do 29 de maio.

O día 29 de maio de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 9 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi) e se convocan para o exercicio 2017.

Na dita orde prevíase que as subvencións que se establezan para as actuacións obxecto destas axudas contarían cun orzamento de 200.000 € financiados con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.512A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017.

No artigo 5 das bases reguladoras da Orde do 9 de maio de 2017 establécese que o prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 13 de outubro de 2017, agás que se produza o suposto de esgotamento previo do crédito.

Así mesmo, no citado artigo establécese que as solicitudes que se presenten unha vez comunicado o esgotamento do crédito, de ser o caso, quedarán nunha situación de reserva e poderán, de ser o caso, ser subvencionadas co crédito que quede libre de se producir algunha renuncia por parte das persoas beneficiarias, ou ben co incremento do crédito orzamentario destinado a estas axudas.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, considérase conveniente ampliar o importe inicial de 200.000 €, de xeito que se acade un maior grao de cumprimento do Real decreto 1554/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización de modos de transporte para persoas con discapacidade.

De acordo co anterior, vista a Lei 9/2017, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación de crédito

Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Orde do 9 de maio de 2017 (DOG núm. 100, do 29 de maio), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), e se convocan para o exercicio 2017, por un importe de 200.000 €, con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.512A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017.

Unha vez efectuada esta ampliación, o importe total destas axudas ascende a 400.000 €.

Esta modificación non dá lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda