Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52464

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018.

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (DOG núm. 156, do 18 de agosto), que se indican no anexo, cun importe total concedido de 537.394,09 euros, con cargo á aplicación 05.11.313D.481.02 (código de proxecto 2015 00154), dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa seguinte distribución:

Ano 2017: 93.136,59 euros.

Ano 2018: 444.257,50 euros.

Esta convocatoria está financiada ao 80 % con fondos FSE do programa operativo de Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9 «promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.3 «loita contra toda forma de discriminación e promoción da igualdade de oportunidades», obxectivo específico 9.3.1 «Aumentar a integración sociolaboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, evitando, pola súa vez, a discriminación múltiple».

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Nº de expediente

Entidade solicitante

NIF

Concesión 1º período

Concesión 2º período

SI451A 2017/06-0

Asociación de Empresarios de Mos

G36223543

14.000,00 €

52.500,00 €

SI451A 2017/07-0

Fundación Nortempo

G70009949

12.000,00 €

45.000,00 €

SI451A 2017/08-0

Cimo Entidade Prestadora de Servicios

G32010449

0,00 €

21.885,69 €

SI451A 2017/11-0

Fundación Cip

G15849318

14.000,00 €

52.500,00 €

SI451A 2017/12-0

Asociación Edeidades para a Integración Social e Laboral da Muller

G27431873

0,00 €

37.500,00 €

SI451A 2017/14-0

Apico - Asociación pola Igualdade e a Coeducación

G94088549

12.000,00 €

45.000,00 €

SI451A 2017/17-0

Axel- Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses

G27305218

11.071,62 €

43.984,36 €

SI451A 2017/20-0

Apetamcor - Asociación de Empresarios de Transporte de Mercancías por Carretera

G32026056

12.000,00 €

45.000,00 €

SI451A 2017/26-0

Acción Laboral

V09409749

6.064,97 €

55.887,45 €

SI451A 2017/28-0

Asociación Antonio Noche

G15210388

12.000,00 €

45.000,00 €

Total

93.136,59 €

444.257,50 €