Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de ampliación das instalacións de Exlabesa en Padrón e Rois, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de xaneiro de 2016.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa xuntanza do 21 de xaneiro de 2016, declarar a incidencia supramunicipal do proxecto sectorial de ampliación das instalacións de Exlabesa en Padrón e Rois, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 13.2 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, segundo o cal os plans e proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal se someterán, polo prazo mínimo dun mes, ao trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios dos de maior circulación na Comunidade Autónoma, e ao trámite de audiencia aos concellos afectados,

RESOLVE:

Someter a información pública o proxecto sectorial de ampliación das instalacións de Exlabesa en Padrón e Rois, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de xaneiro de 2016, por un prazo dun mes contado a partir da última das dúas publicacións que se farán desta resolución no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da Comunidade Autónoma.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar o devandito proxecto sectorial na Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela), na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria (rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña) ou nos concellos afectados (Padrón e Rois), e presentar as alegacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas