Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2017/567-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: reforma LMTA á canteira Viuda Marcelino Martínez.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-110, de 750 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente C-4500/22 da LMT xeral derivación Canteiras e final no apoio existente nº 8 da LMT canteira Viuda Marcelino Martínez. A instalación está situada en Forna e Vitureira, San Salvador de Budiño, O Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 30 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra