Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52300

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2017, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio), pola que se fan públicas a data, a hora e o lugar de realización do sexto exercicio do proceso selectivo.

O tribunal nomeado pola Orde do 15 de febreiro de 2017 (DOG núm. 40, do 27 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, acordou, de conformidade co previsto na base II.1.6 da orde de convocatoria, que o sexto exercicio do proceso selectivo teña lugar o día 20 de novembro de 2017, na sala E do Edificio Administrativo de San Caetano, a partir das 9.30 horas.

Para tales efectos, convócanse para a realización do sexto exercicio os seguintes aspirantes:

DNI

Apelidos e nome

33552836E

Benedito Cadórniga, José Luis

47389325X

De la Fuente López, Marta

Para o seu desenvolvemento, os/as aspirantes poderán servirse de textos legais e xurisprudenciais. O tempo de duración será de cinco (5) horas.

Os/as aspirantes deberán comparecer o mesmo día ás 16.30 horas para a lectura do exercicio ante o tribunal en sesión pública.

Os/as aspirantes deberán presentarse provistos/as de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que os aspirantes que non comparezan serán excluidos/as.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017

Fernando Jorge Mora
Presidente do tribunal