De conformidade co establecido no artigo 5 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e na Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 78, do 27 de abril), e na disposición derradeira primeira da Orde do 24 de agosto de 2017 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 171, do 8 de setembro), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Orde do 24 de agosto de 2017 (DOG núm. 171, do 8 de setembro).
A lista definitiva de aspirantes admitidos poderase consultar a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.es.
A lista definitiva de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
Composición do tribunal cualificador.
1. O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros:
– Tribunal titular:
Presidenta: Mónica María Castro Pérez.
Secretario: Roberto Pérez Fonte.
Vogais:
Ana Purificación Otero Ferreiro.
Jesús Lata Buceta.
Marco Antonio Freire Serén.
– Tribunal suplente:
Presidente: Ramón Quiroga Limia.
Secretario: Ramón Freire Priegue.
Vogais:
Fernández López, José Antonio.
José Ramón Viñas Diz.
Constantino Grandío Rivas.
2. A súa actuación e funcionamento rexeranse polo disposto para os órganos colexiados na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Desenvolvemento das probas:
Convócanse os/as aspirantes que figuran na lista de admitidos para a realización das probas, que terán lugar o vindeiro día 23 de novembro na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, A Estrada.
Proba de coñecementos:
Ás 9.30 horas.
Proba psicolóxica:
Ás 11.30 horas.
Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, así como de bolígrafo de cor azul.
A Estrada, 2 de novembro de 2017
Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Nome |
Clave |
Ferreira Álvarez, David |
2 |
Rodrigues Oliveira, José Antonio |
4 |
Sánchez Rosende, David |
3 |
Vázquez Leyte, José Ramón |
2 |
Código |
Descrición |
1 |
Non achega xustificante do pagamento da taxa correspondente |
2 |
Non achega fotografías tamaño carné |
3 |
Non presenta instancia |
4 |
Documentación incorrecta |