Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación das obras de demolición dun edificio para panadaría e vivenda no lugar de Ramil, termo municipal de Outeiro de Rei (contratación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Administración e Xestión.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Administración e Xestión.

2º. Domicilio: rúa dos Camiños da Vida, s/n, Edificio Witland.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 94 35.

5º. Telefax: 981 54 53 35.

6º. Correo electrónico: administración.aplu@xunta.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=210047.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 6/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición do obxecto: demolición dun edificio para panadaría e vivenda no lugar de Ramil, termo municipal de Outeiro de Rei.

c) Lugar de execución: Outeiro de Rei, provincia de Lugo.

d) Prazo de execución: vinte (20) días naturais.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPA: F 43.11.10.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: o especificado na cláusula 12ª dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 56.377,56 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 56.377,56 €. Importe total: 68.216,85 €.

6. Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido (IVE).

7. Subcontratación: nos termos establecidos na cláusula 30ª dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica, financeira e técnica: non se exixe.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada na cláusula 14ª.2 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

2º. Domicilio: rúa dos Camiños da Vida, s/n, Edificio Witland.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: rúa dos Camiños da Vida, s/n, Edificio Witland.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante a data de apertura do sobre B.

11. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística