Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52217

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 16 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o inicio do trámite de audiencia dun procedemento tramitado por esta xefatura (expediente 2013/261/27).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por ignorarse o lugar de notificación ou ben porque, intentada esta, non se puido practicar, notifícase o inicio do trámite de audiencia á persoa interesada que se indica a seguir, do expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente atópase á disposición das persoas interesadas ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro do mencionado acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non o faceren, se terán por notificados.

Lugo, 16 de outubro de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2013/261/27.

Interesado: José Antonio Acien.

Documento identificativo: descoñecido.

Enderezo actual: descoñecido.

Acto administrativo que se notifica: acordo do inicio do trámite de audiencia de 20 de setembro de 2017.