Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2 32960 Velle.
Denominación: LMTS centro de repartición (CR) Rairo-centro de seccionamento (CS).
Situación: Ourense.
Características técnicas:
– LMT subterránea a 20 kV de 30 m e condutor RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240 mm2 Al), con orixe na cela de liña do CT Rairo (32C671) e remate na LMTS existente ao CS Residencia II.
– LMT subterránea a 20 kV de 175 m e condutor RHZ1-2OL 12/20 (1×240 mm2 Al), e orixe na LMT existente ao CS Residencia II e remate na cela de liña do CS Residencia II (32CCX0).
Orzamento: 12.248,89 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 20 de outubro de 2017
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense